mércores, 30 de xullo de 2014

Pai e fillo corren o Santiaguiño en Pontevedra




CCCP 2014. CARREIRA PEDESTRE SANTIAGUIÑO DO BURGO 2014
II CIRCUITO DE CARREIRAS PEDESTRES PONTEVEDRA (CCCP) 2014

Manu e Andrés volveron a demostrar no Santiaguiño de Lerez que a diabete non te para.

Seguide así campións!!!!!!.

Manu, moita sorte na túa nova andaina coa B.I.C.I. Parabéns Andrés por ser un exemplo
de que se pode aprender a calquera idade e mellorar.

        


xoves, 10 de xullo de 2014

Diego Castro na XXXV edición do Gran Premio Cidade de Vigo




O sábado 19, a partir das 19:00, celebrarase no Estadio Municipal de Atletismo de Balaídos, a 35ª edición do Gran Premio Cidade de Vigo co que se pecha a tempada de pista ao aire libre en Vigo

O noso socio e amigo Diego Castro vai correr os 1500 metros.Nesta ocasión non vamos a poder acompañar a Diego na súa carreira, pero sabes que te estaremos animando desde Lugo.
Asi que desde aquí todo o noso apoio, moita sorte e sobre todo pasao ben.


mércores, 9 de xullo de 2014

A Cooperativa Carballal Tenda Comercial dao o 10% dos seus beneficios a ANEDIA


   

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria do CEIP Carballal de Marín ao longo deste curso puxeron en marcha dúas cooperativas (co seu correspondente rexistro) e completaron todos os pasos precisos para a súa constitución e posta en marcha.
Esta actividade levárona acabo no marco do programa “EME Cooperanova – Emprender na miña escola” que promove a Deputación de Pontevedra coa colaboración daConsellería de Educación.

Este programa pretende desenvolver hábitos e comportamentos emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito mais eficaz e satisfactoria. Como culminación deste fantástico traballo os alumnos e alumnas despois de vender os seus produtos realizaron as contas e repartiron os beneficios tal e como recollían os seus estatutos.
A cooperativa Carballal tenda comercial, decidíu doar o 10% á asociación de nenos e nenas con diabete de Galicia, ANEDIA. Unha das alumnas do centro ten esta patoloxía e eles quixeron que os beneficios redundaran na mellora da atención a escolares que como Alba medran coa diabete na mochila.

Os nosos parabéns a estes alumnos e alumnas polo seu traballo e por axudar co seu xesto a que tomemos conciencia de que a diabete infantil e xuvenil é unha realidade que precisa a