mércores, 10 de xuño de 2015

Xuntanza Familar 20 e 21 de xuño de 2015

A Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia organiza o fin de semana do 20 e 21 de xuño de 2015 unha xuntanza familiar de dous días de duración para os seus socios e socias.

A xuntanza familiar ten as seguintes carectarísticas e condicións:

CARACTERÍSTICAS:
- A xuntanza terá lugar dende o sábado día 20 ás 17:30 horas ata o domingo día 21 ás 13:30 horas, incluíndo o acomodamento nocturno.
- O sábado comezaremos cunha rota de sendeirismo de 10 Km de duración (ida e volta) coordinada e dirixida por Diego Castro que sairá ás 18:00 horas da ponte medieval de Comboa.
- Ao rematar a actividade daráselle un pequeno agasallo aos nenos/as participantes, cortesía de DIABALANCE.
- Pola noite terá lugar unha cea de confraternidade dos membros da asociación (nenos/as e adultos) a cargo de ANEDIA e coa coodinación da Xunta Directiva.
- Logo da cea quedaremos a durmir na Casa do Pobo de Comboa que moi xentilmente nos ceden de xeito totalmente gratuído. Ademais existe tamén a posibilidade de facer campismo nos arredores do local.
- O domingo pola mañá teremos unha almorzo saudable tamén a cargo da asociación e baixo a coordinación dos membros da Xunta Directiva.
- Despois do almorzo faremos unha visita grupal ao Castelo de Soutomaior.

CONDICIÓNS
- Esta actividade só é para membros da Asociación.
- Os participantes deben facerse cargo dos abituallamentos necesarios para as merendas de pequenos e adultos e da achega de hidratos de carbono da cea do sábado noite, xa que a asociación só se fai cargo da achega das proteínas.
- Como vén sendo habitual podemos participar en todas as actividades programadas ou escoller aquelas máis do noso agrado ou que máis se axusten á nosa dispoñibilidade horaria.
- Os participantes deben confirmar a súa asistencia ao enderezo anediagalicia@gmail.com antes do dá 17 de xuño de 2015, incluíndo no correo a que actividades se queren inscribir e cantos nenos/as e adultos acudirán ás mesmas.

Se alguén precisa máis información pregamos nos enviedes un correo ao enderezo electrónico anediagalicia@gmail.com