venres, 23 de decembro de 2016

Madalenas caseras, queres unha????



 Hoxe tocou mañá de repostería, porque a ninguén lle amarga un doce, e os nosos pequenos e pequenas non van ser menos.
Dende que convivimos coa diabete, houbo que cambiar moitas cousas na alimentación, reinventamos as receitas para que estos postres non leven tantísimo azucre (increíble a cantidade que comemos!).

Aos nenos gustanlle moito as madalenas, pero non nos convencen nada as que mercamos no supermercado, teñen moitisima graxa, por non falar da cantidade de hidratos de carbono que supón unha soa madalena.

Probamos varias receitas...e hoxe, por fin, temos unha que podemos compartir, é dunha mamá que nola pasou, para que todas e todas podamos degustar estas saborosas madalenas.

Tomade nota e xa nos contades cando as probedes!!!

  • 3 ovos (se son caseiros, mellor que mellor!)
  • medio vaso de aceite de xirasol ou oliva
  • ¼ vaso de leite ou un iogur natural
  • 150 gr de azucre
  • unha culler de stevia
  • 150 gr de fariña
  • 1 sobre de levadura
  • a raiadura dun limón

Primeiro batemos os ovos co aceite, e posteriormente incorporamos todo o demais e batemos ata conseguir unha mistura homoxénea.

Agora ven o reconto de racións:
  • ovos (libre)
  • aceite( libre)
  • leite ( 0.5 R) se e iogur, mirade a táboa
  • Azucre ( 15 R)
  • stevia (libre)
  • fariña (11 R) (a que eu sei é a da marca “hacendado”, na táboa pon 74 gr hc por cada 100 gr, comprobade nas táboas das vosas fariñas)
  • levadura (libre)
  • raiadura limón (libre)

Isto fai un total de 26,5 racións por toda a masa, así que puxen 30 cápsulas de madalenas para que cada unidade teña aproximadamente unha ración ou algo menos.
Metemos no forno, previamente quente, a unha temperatura de 160 graos durante 10-15 minutos.

E xa temos listas as nosas madalenas caseiras.
Se queredes un consello, poñedeas nun lugar onde queden cubertas, ou tapadas con algo, porque así aguantan varios días sen ningún problema.



Agora a disfrutalas! Mmmmmmm

Grazas PAULA

luns, 28 de novembro de 2016

NIGHTSCOUT, UNHA GRAN SOLUCIÓN AO ALCANCE DE TODOS

O pasado sábado, Susana Feans, voluntaria do proxecto Nighscout organizou un obradoiro para explicar como por a funcionar esta incrible aplicación.
Saber en calquer momento cal é a glicemia dos nosos fillos e fillas, saber como están de noite, sen ter que erguernos da cama, salvo que sexa necesario (por hipo ou hiperglicemia). Un soño feito realidade.

Un grupo de voluntarios, con coñecementos informáticos, desenvolveron o que non consideraron importantes as casas comerciais.
Algo que vai a facer das nosas vidas como coidadores dun menor con diabete, sexa moito máis sinxelo.

Facelo non é sinxelo, senon tes coñecementos de informática, pero todo está perfectamente explicado nas guías, que os voluntarios elaboran para que poidamos facelo.
Pasamos 3 horas, das cales dúas foron díante do ordenador, seguindo os pasos que Susana nos explicaba, moitos marchamos para casa sen ter rematado.
 Non o deixedes por imposible, finalmente é posible por a funcionar a aplicación.
Un móbil, un cable con conexión OTG, o facebook do grupo nightscout España, paciencia, seguir os pasos, fielmente, sen interpretacións, e incluso alguen tan inutil neste campo como eu, pode por a andar esta aplicación, que nos permite mellorar o control glicémico dos nosos fillos e fillas, deixándolles un pouco de espazo.



A minimed 640 co enlite, o dexcon, o free,... da igual o sistema de medición continua que empregues, este incrible grupo de voluntarios xa desenvolveu a solución. Acabouse o medo a que durma fora de casa, podes facer o seguemento igual que si estivese contigo.

 GRAZAS A SUSANA E A TODO O EQUIPO DE NIGHTSCOUT

martes, 8 de novembro de 2016

III MILLA SOLIDARIA "QUE A DIABETE NON TE PARE"

Xa está aquí, inscríbete para un día especial. Vinde a correr en familia, nenos, papás, mamás, avós,avoas etc...
Quilómetro Urbano, Milla "diferente", vencerán elas ou eles? 40 segundos será o márxe. Esperámosvos con moitas sorpresas e moita...PAIXÓN.
 #Queadiabetenontepare merece a pena e valo pasar xenial
r

mércores, 26 de outubro de 2016

CON MOCHILA A TODAS PARTES.

Empezanos o ano 2016 reinvindicando o dereito dos menores con diabete a acceder coas súas mochilas en diferentes espazos de uso colectivo.
ANEDIA e ASSEII, Asociación Sociosanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal, decidimos sumar forzas en prol dunha causa común.
Tanto os menores con diabete, como as persoas ostomizadas deben levar unha mochila co material necesario para atender as súas respectivas doenzas.

Así que, preparamolo todo, enchemos as mochilas, e ao longo do ano, fomos ao MUNCIT e o Aquario na Coruña, aos Canóns do Sil en Catamarán, ao Pazo de Tor, ao Museo do Ferrocaril, á Hipica Celta en Monforte de Lemos, A Vilanova dos Infantes, ao Mosteiro de Celanova, ao Castromao, en Catamarán pola Ría de Pontevedra, á Escola Naval Mílitar, ao Parque dos Sentidos en Marín e ao cine, de brincadeira ao Pontillón do Castro, a Gondomar, á Pontevedra, á Praza do Obradoiro.




Pasamolo en grande, e non atopamos atrancos, ata que chegou o día de ir ao cine
Por cortesía de Jorge Costas.

Neste estado quedaron os pequenos e pequenas aos que non se lles permitiú entrar nas salas de cine coas súas mochilas, xa que nelas tiñan o seu medidor de azucre en sangue, tiras reactivas, insulina, agullas, lancetas, pinchador, azucre e alimentos para afrontar posibles baixadas de azucre, ou a merende se é que necesitan porse insulina.

Hoxe podemos dicir que esa imaxe, xa non representa unha realidade, queremos dar as grazas a tódalas persoas, colectivos, entidades, medios de comunicación, que se fixeron eco da nosa problemática e nos apoiaron.

Grazas a todos os espazos de uso colectivo que dende o primeiro momento entenderon a necesidades de facer unha excepción nestes casos, grazas tamén aos que tivemos que explicarlles máis polo miúdo a necesidade dos menores con diabete e das persoas ostomizadas.

Mañá, ou pasado pode que atopemos outro atranco, outra porta pechada ás mochilas, seguro que entre todos volveremos a saltar ese chanzo, así que, polo momento quedamos contentos neste relanzo.

QUE A DIABETE NON TE PARE







martes, 12 de xullo de 2016

1º RETO: GONDOMAR - SANTIAGO - GONDOMAR

O Sábado 16 Daniel Fernández Cerzón e o seu pelotón, tentarán superar o 1º dos retos de

RETA3, MÓVETE POLA DIABETE


 
Podes colaborar a través do seguinte número de conta de La Caixa:
IBAN: ES56 2100 4080 1122 0012 1884
Os fondos recadados, adicaranse á formación de monitores deportivos e de tempo libre na atención a menores con diabete. 

RETO: En non máis de 14 horas, Daniel ten que percorrer os 229 qm, que forman o percorrido.

07:00 Saída Praza Ángel Urzaiz, Góndomar
09:40 Praza da Peregrina, Pontevedra, Recepción por parte do Concello, incorporación ao pelotón.
10:40 Caldas de Reis
11:25 Pontecesures
11:30 Padrón, incorporación ao pelotón.


12:15 Praza do Obradoiro, contacontos da man de Raquel Queizas.
Deporte e contos, contos e deporte, con Raquel, pasaremos un gran rato e saberemos máis de Dani e os seus retos.

12:45  Chegada á Praza do Obradoiro, recepción polo Concello.

13:45 Saída da Praza do Obradoiro, incorporación ao pelotón.
14:40 Padrón
14:50 Pontecesures
15:30 Caldas de Reis
16:40 Ponte do Burgo, Pontevedra
17:15 Arcade
17:30 Cesantes
17:40 Redondela
18:50 Samil, Vigo
19:25 Praia América, PO325, enfrente o Froiz, Nigrán, incorporación ao pelotón.
19:35 A Ramallosa


19:30  contacontos da man de Raquel Queizas. Praza Ángel Urzaiz, Góndomar

19:45 - 21:00 Chegada a Góndomar. Recepción por parte do Concello e da Deputació de Pontevedra

Podes unirte ao pelotón, en calquera dos puntos especificados, para máis información chama ao 629809086, pregunta por Ana.





sábado, 9 de xullo de 2016

RETA3, MÓVETE POLA DIABETE


Daniel Fernández Cerzón de 24 anos natural de Gondomar, propúxonos a ANEDIA a realización de 3 retos deportivos, co obxectivo de recadar fondos para a asociación, en canto nos contou a súa idea, quedamos atrapadas, polo seu entusiasmo e decisión e conmovidas pola súa determinación a hora de abordar estes retos deportivos.

1º RETO: 16 de xullo, 230 km en bici, cun desnivel de 2200 metros.
(horas de paso aproximadas, recoméndase estar antes)

2º RETO: Data por determinar, 24 horas en bici, percorrido polo valmiñor en estradas e vias públicas. (pendente de definir)

3º RETO: Data por determinar, 48 máximo, para ir de Gondomar a Santiago e volver correndo. (pendente de definir)

Obxectivos: recadar fondos para ANEDIA
Visibilizar as necesidades dos menores con Diabete.

Destino dos fondos: formación a monitores de tempo libre e deportivos na atención a menores con diabete.

RETA3, Móvete pola diabete, un proxecto individual deseñado por Daniel, converteuse nun proxecto colectivo, no que contamos co apoio de ASSEII, asociación sociosanitaria educativa inflamatoria intestinal e PEDALADAS, Asociación sen ánimo de lucro para a promoción da bicicleta e a defensa dos ciclistas e os seus intereses principalmente en Pontevedra e entorno.
Polo que na totalidade ou en gran parte do percorrido, Daniel irá acompañado das seguintes persoas:
Andrés Barreiro pai dun neno con diabete e el mesmo con diabete.
Victor Loira, ,
Aarón Mayo
Carlos Leiros, e
Manolo Torres

Número de conta para colaborar con RETA3, Móvete pola diabete e ANEDIA
IBAN: ES56 2100 4080 1122 0012 1884

Acompáñanos, nos puntos polos que pasará DANI e o seu pelotón, e se queres súbete a bici e percorre parte do traxecto con eles, só tes que porte unha camiseta azul e ter ganas de colaborar cos rapaces e rapazas con diabete. 
Os retos estarán cheos de sorpresas, non deixes de seguilos, no facebook, twitter, instagran, seguro que te sorprenderán. 
ANEDIA, aposta un estilo de vida saúdable, que inclúe a práctica habitual de exercicio físico e o consumo de produtos de orixe ecolóxico.
A comida que realizarán DANI e o seu pelotón, no Obradoiro e o abituallamiento durante o reto será todo de orixe ecolóxica.

Se queres que a túa empresa colabore nestes retos, ponte en contacto con nos a través do mail: anediagalicia@gmail.com

COLABORADORES: 





venres, 10 de xuño de 2016

19 DE XUÑO MARÍN

O 19 de xuño vémonos en Marín, seguindo coas actividades mensuais de ANEDIA, que pretenden normalizar o día a día dos menores con diabete e ampliar o coñecemento da nosa comunidade.
Nesta ocasión, nos vamos á Ría de Pontevedra, para percorrer en barco esta fermosa ría, na que nos acercaremos ás bateas, e poderemos ver como se cría o mexilón. No barco, tomaremos un pequeno refrixerio, auga, froita e non podemos marchar sen degustar o exquisito bivalvo.

Inundaremos de azul, a ría de Pontevedra, así que non esquezades a camiseta de ANEDIA. Os que teñan gañas, poderán participar na clase de zumba que realizaremos en ruta.



Despois iremos a comer ao Parque dos Sentidos,  onde os pequenos e pequenas seguro que o pasan de medo.


















Despois de comer, visitaremos a Escola Naval Militar.



Prazo de inscripción hasta ás 24:00 do 13/06/2016 
Prazas limitadas, por rigurosa orde de inscripción, os socios e socias de ANEDIA terán preferencia.
Indica nome e apelidos de tódolos participantes e idade dos nenos e nenas (obrigatorio para poder acceder ás instalacións da Escola Naval Militar)
No correo electrónico de ANEDIA: anediagalicia@gmail.com
Asunto: 19 de Xuño.

Confirmaremos a inscripción por correo electrónico, o día 14/06/2016 a partir das 20:00.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  • 11:30 - 13:30 Ruta en barco pola Ría de Pontevedra

A TER EN CONTA: 
  • Os desprazamentos e a comida correrán a cargo dos participantes na xornada de convivencia. 
  • É necesario ser puntual. Non se modificarán os horarios de inicio, salvo por causa de forza maior. 
  • A xornada é dun día completo, leva preparada a media maña, comida e merenda. Auga, recomendable un litro por persoa, os cativos e cativas van a xogar e necesitarán repor líquidos. 
  • Suplementos suficientes para a xornada, incluíndo os desplazamentos en coche. Para todo o día en xeral, reducir a insulina e aumentar os hidratos.
  • Despois da comida os rapaces e rapazas van a ter actividade física, aumenta os hidratos e/ou reduce a administración de insulina na comida. Recomendable unha boa proporción de hidratos de acción lenta.  

SUXERENCIAS DE COMIDA: 
  • Bocata, de conservas con leituga, tomate e salsa mahonesa. (calcular os hidratos do pan, 1R de pan blanco 20gr )
  • Ensalada de pasta con verduras, queixo, froitos secos, atún,...  (calcular os hidratos da pasta, 1R cocida aproximadamente 45gr)
  • Ensaladilla (calcular os hidratos da patata, 1R = 50gr)
  • Empanada (calcular os hidratos da masa, como se fora pan)
  • Empanadillas. 
  • Tortilla de patacas (1R = 100gr)
  • Sobremesa: froita ou lácteos. 
  • Bebida: Auga
(podes enviarnos as túas suxerencias)

ACTIVIDADE ORGANIZADA POR ANEDIA, COA COLABORACIÓN DE "LA CAIXA"





sábado, 28 de maio de 2016

VAMOS AO CINE CON MOCHILA

Aínda que non volo parezca, para os nenos e nenas con diabete, o feito de ir ao cine, non é tarefa sinxela.
Teñan que deixar as súas mochilas fora, na mochila levan o glucómetro, as tiras, a insulina, os suplementos, en xeral todo o que precisan para coidar a súa diabete.
A mochila do neno e a nena con diabete, é case un apéndice, acompáñaos a todas partes, xa que poden necesitala en calquera momento, e basta que te separes dela para que faga falta.

Xa no pasado mes de novembro, unha representación de nenos e nenas de ANEDIA, trasladou ao alcalde, os problemas cos que se atopan no seu día a día na cidade de Pontevedra, entre as súas demandas, reclamaban o dereito a poder entrar con mochila no cine.

En Anedia, buscamos máis vias para tentar resolver está situación, que obrigaba aos pequenos e pequenas a pararse na cola de acceso ás salas e dar unhas explicacións tediosas, que en moitas ocasións remataban facendoos sentirse discriminados polo feito de ter diabete.

Nos estamos sos neste problema, os doentes con enfermidades inflamatorias intestinais, ASSEII, atópanse na mesma situación, así que decidimos traballar xuntos para solucionar este e outros problemas de carácter común.

ANEDIA e ASSEII, reclaman poder entrar con mochila nos cines, museos e outros espazos de uso común.

A valedora do pobo media cos cines de Pontevedra



Facua denucia a CINESA PONTEVEDRA



Facua denuncia a outros 7 cines en Galicia


As persoas con diabete e enfermidade inflamatoria intestinal poderán entrar con mochila nos cines de Pontevedra

Desde ANEDIA, agradecemos a labor de todos os organismos e medios que apoiaron esta demanda e fixeron posible esta noticia. 

Pedimos desculpas a todas e todos os que non nomeamos, pero tede seguro que volo agradecemos e agardamos poder seguir contando co voso apoio. 

Xuntos seguro que faremos que estas situacións sexan cada vez menos. 

A gozar da película coa mochila. 




domingo, 8 de maio de 2016

15 de MAIO CELANOVA



O 15 de maio, vamos a Celanova, visitaremos o Castromao e Vilanova dos Infantes.
Teremos unha charla informativa sobre "Diabetes Cero", un movemento de pais e nais de nenos e nenas con diabete que loitan pola investigación.

Ademáis comeremos na hípica Celta (cada familia levará a súa comida), lugar no que algúns dos cativos e cativas poderan ter un primeiro contacto co mundo do cabalos.


A clase de iniciación, dura 15 mínutos e teñen que ir de 2 en 2.
O resto de nenos e nenas, terán xogos mentras os demais montan.
Para esta saída non hai límite de prazas, pero si a hai para participar na actividade na hípica de iniciación ao mundo da hípica.
Os nenos e nenas participantes, serán inscritos por rigurosa orde de inscripción, tendo neste caso, prioridade absoluta, os nenos e nenas fillos de soci@s de ANEDIA e con diabete.
Se queres que o teu neno ou nena participe desta actividade, tes que notificalo coa inscripción na actividade indicando (para cada menor):
idade do nen@ :
condición de nen@ con diabete: si ou non
montou algúnha vez:
en caso afirmativo: nivel que ten.

Custe da actividade 1€ por persoa.
Prazo de inscripción para a actividade cos cabalos, PECHADA. 
Inscripción no resto de actividades remata o xóves 12 de maio ás 15:00
No correo electrónico de ANEDIA: anediagalicia@gmail.com
Non esquezas inscribirte para a visita á Capela de San Miguel se é do teu interese. 

A TER EN CONTA: 
  • Os desprazamentos e a comida correrán a cargo dos participantes na xornada de convivencia. 
  • É necesario ser puntual. Non se modificarán os horarios de inicio, salvo por causa de forza maior. 
  • A xornada é dun día completo, leva preparada a media maña, comida e merenda. Auga, recomendable un litro por persoa, os cativos e cativas van a xogar e necesitarán repor líquidos. 
  • Suplementos suficientes para a xornada, incluíndo os desplazamentos en coche. Para todo o día en xeral, reducir a insulina e aumentar os hidratos.
  • A xornada xa empeza con xogos no claustro do mosteiro (revisa a glicemia e se é necesario da un suplemento para este momento)
  • No Castromao, camiñaremos polo castro e os rapaces e rapazas seguramente correran, unha hora ou hora e media de actividade ao aire libre. (revisa glicemia e aporte de suplementos  se é  necesario)
  • Despois da comida os rapaces e rapazas van a ter actividade física, aumenta os hidratos e/ou reduce a administración de insulina na comida. Recomendable unha boa proporción de hidratos de acción lenta. 
 SUXERENCIAS DE COMIDA: 
  • Bocata, de conservas con leituga, tomate e salsa mahonesa. (calcular os hidratos do pan, 1R de pan blanco 20gr )
  • Ensalada de pasta con verduras, queixo, froitos secos, atún,...  (calcular os hidratos da pasta, 1R cocida aproximadamente 45gr)
  • Empanada (calcular os hidratos da masa, como se fora pan)
  • Empanadillas. 
  • Tortilla de patacas (1R = 100gr)
  • Sobremesa: froita ou lácteos. 
  • Bebida: Auga
(podes enviarnos as túas suxerencias)



ACTIVIDADE ORGANIZADA POR ANEDIA, COA COLABORACIÓN DA OFICINA DE TURISMO DE CELANOVA E DA COLABORACIÓN TOTALMENTE DESINTERESADA DA HÍPICA CELTA.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES


Visita guiada á Capela de San Miguel (ao ser domingo non é posible visitar a Igrexa do mosteiro). Imprescindible inscribirse.

  • 11:00 - 12:00 Nenos e nenas, xogos no claustro, e merenda. (cada un a súa)
  • 12:30 Visita a Castromao (guiada)
  • 14:30 Comida picnic, na hípica celta
  • 17:00 19:00
Adultos:
Visita a Vilanova dos Infantes. Torre da homenaxe e Cova de San Vivian (guiada)
Nenos e nenas
Iniciación á monta. 


Xogos


18:00 Merenda, non esquezades prepararlla e deixarlles as mochilas con suplementos, insulinas, medidores, auga e todo o que precisen.

  • 19:15 Despedida e peche na Hípica Celta. 



xoves, 21 de abril de 2016

CANONS DO SIL E MONFORTE



Como ven sendo habitual, cada mes organizamos unha xuntanza familiar, na que poidamos mellorar os lazos entre nos, ofertar aos menores con diabete a posibilidade de pasar un día de ocio, con outros menores con e sen diabete e visibilizar a doenza que inevitablemente os acompaña día a día.
En maio temos a seguinte proposta, para o domingo 24:
Paseo en catamarán polos Canons do Sil. (Saímos ás 11:00 do embarcadoiro de Doade)
Comida en Monforte.
Visita guiada ao Pazo de Tor.
Visita guiada ao Museo do Ferrocarril de Galicia.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN E PAGO PREVIO.
PRAZAS LIMITADAS.
ANEDIA, non se fai responsable das persoas que se presenten sen ter reservado.



 



ANEDIA apoia a ASSEII na PEDALADA 2016




Este domingo 24 de abril PEDALADAS organiza un paseo en familia con bicicleta pola cidade de Pontevedra, co obxectivo de visibilizar a enfermedade inflamatoria intestinal e aos ostomizados.
ANEDIA, apoia totalmente esta actividade e anima a todo o mundo a sumarse a esta atractiva actividade.
Grazas a PEDALADAS pola iniciativa, e pola colaboración na visibilización das doenzas crónicas.

No seguinte enlace, tedes máis información sobre a actividade.
ASSEII, PEDALADA 2016

domingo, 21 de febreiro de 2016

Galería de fotos VISITAMOS CORUÑA

Así pasamos o domingo día 21 visitando os museos da Coruña con ASSEII e ANEDIA.

GRAZAS A TODOS/AS OS QUE DIFUNDISTEIS ESTA ACTIVIDADE. E SOBRE TODO AOS PARTICIPANTES.





























UN GRAN DÍA EN MOI GRATA COMPAÑÍA