xoves, 28 de decembro de 2017

Obradoiro de Galletas


O sábado, no centro sociocultural O Calvario de Vigo, os nenos e nenas de ANEDIA xunto coas súas familias fixeron ricas galletas.
Aquí tendes unhas fotos e a  receita por se vos tamén queredes probalas.




















GALLETAS DE MANTEQUILLA


225 gr de mantequilla a temperatura ambiente.
150 gr de axucar glass.
1 huevo.
1 pizcade sal.
400 gr de harina.
Mixturar a mantequilla co azucre. Despois engadir o ovo, o sal e por último a fariña tamizada. Estirala masa (non moi fina) entre dous papeis de forno e deixala na nevera 1 hora.
Despois cortar as galletas e enfornar ata que os bordes esten dourados a 180 grados.





RACIÓNS DE HIDRATOS DE CARBONO
Estas galletas aportan un total de 41,5 racións de Hidratos de carbono.
Nos fixemos unhas 30 galletas con esta cantidade de masa, polo que cada galleta aporta pouco maís de media ración ( 0,7 racións de Hidratos de Carbono)


Así que xa sabedes, animádevos a facelas.
Felices festas a todas e todos.













sábado, 7 de outubro de 2017

Vacínate contra a Gripe.

A campaña de vacinación contra a Gripe está apiques de comezar.
Desde os servizos sanitarios recomendan aos menores con diabete que se vacinen.
Desde ANEDIA animanos a todas as familias a participar na campaña.


luns, 11 de setembro de 2017

RECOMENDACIÓNS PARA O INICIO DE CURSO

Hoxe volveron ás aulas os cativos e cativas de infantil e primaria e o venres farano os de secundaria.
Para os mamás e papás dos menores con diabete tipo I, volven os medos, as preocupacións.
Que tal será a titora ou o titor deste curso?, entenderá que o meu pequen@ ten que ir ó baño máis do habitual?, que debe comer e beber na clase?, que debe facer controis de glicemia?,...? Estas e outras dúbidas véñennos á cabeza.

Antes de empezar a preocuparnos polo que poderá pasar no centro educativo, empezemos por facer o noso traballo e informar convintemente de tódalas necesidades do noso fillo e/ou filla durante o tempo que permanece na escola.

Recomendacións para o inicio de curso:
  • Solicitar un informe médico, no que se detallen os coidados que o menor necesita durante a estancia no centro educativo.
  • Incorporar ó noso fillo ou filla ao programa de alerta escolar (hai que pedir o impreso na secretaría do centro e acompañalo dun informe médico).
  • Solicitar, na secretaría do centro, a execución do Protocolo de atención a escolares con doenzas crónicas e en concreto da addenda de diabete, así como  a redacción do plan de atención individualizado.
  • Levar o centro educativo o glucagón, cunha bolsa neveira para o seu traslado fora do centro nas saídas. (solicitar que o garden na neveira). Recomendable levar tamén unha pluma de insulina. 
  • Levar para que esté a disposición do noso fillo ou filla en caso de necesidade, unha caixiña con: zume, galletas, azucre, medidor de reposto, tiras, agullas, ...)
  • Actualizar a información que ten o centro sobre o noso fillo ou filla en relación coa diabete. 
  • Solicitar unha reunión co titor ou titora.
É a nosa responsabilidade:
  •  Que o glucagón e a insulina non estén caducados, anotade a data de caducidade na casa, para que non se vos pase substituílos antes de que caduquen.
  • Repor o glucagón, insulina, azucre, galletas, zume,...
  • Trasladar ó centro a información nova en relación coa diabete que deba ser tida en consideración no centro educativo.

Desde ANEDIA desexámosvos a todos un bó curso escolar e poñémosnos a vosa disposición para o que precisedes.
QUE A DIABETE NON TE PARE