domingo, 6 de maio de 2018

I XORNADA MEDRAR CON DIABETES. TECNOLOXÍAS DE MONITORIZACIÓN




Sábado 2 de Xuño de 2018

Salón de Actos do Hospital de Montecelo.

De 10:00 a 19:00. 

Destinatarios: 

Pais e nai de menores con diabetes.
Persoas con diabetes.
Profesionais interesados nas tecnoloxías de monitorización.



A Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia, ANEDIA, organiza unhas xornadas para a actualización e educación sobre as tecnoloxías de monitorización. 

OBXECTIVOS:
Dar a coñecer os diferentes sistemas de monitorización.
Educar ó paciente no uso axeitado destes sistemas.
Reinvindicar a figura da Educadora / Educador diabetolóxico no acceso as tecnoloxías e a igualdade na accesibilidade das persoas con diabetes.
Reinvindicar a financiación destes sistemas por parte do SERGAS.

A monitorización da glicemia é un gran avance tecnolóxico, que supón unha gran mellora no tratamento da diabetes tipo I.
Son varios os sistemas de monitorización que temos a nosa disposición, pero o seu custe é elevado para as familias. Non todos están financiados polo SERGAS. Ven a coñecer as últimas tecnoloxías de monitorización de glicemia.

Pediatras diabetolóxicas, nos explicarán como són estes sistemas, que vantaxes teñen, que resultados conseguen no control diabetolóxico e outros temas do noso interese.
Adxunto clínico de Pediatría. Unidad de Endocrinoloxía Pediátrica.
Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, Paloma Cabanas.
Hospital Clínico Universitario de A Coruña, Ana María Prado.
Unha educadora, no apartado Encontro coa Educadora: responderá ás nosas preguntas. 
A Enfermera Educadora en Diabetes Infantil, Ana Sánchez.
Veremos todos os sistemas, que neste momento están no mercado galego ou o van a estar nun futuro moi cercano. 
MEDTRONIC, ABBOTT, DEXCOM, ROCHE.
 
Ademáis contaremos con tres doentes con diabetes que non están agardando: 
Óscar López de Briñas, comunicador e divulgador en diabetes. Autor do blogue " Reflexións dun Jedi Azucarado" @oscarbrinas
Susana Feáns
 José Luis López, con diabetes desde fai máis de 20 anos, CEO de Insulclock.
Susana Feans, voluntaria do  Proxecto Nightscout.
 
A Xornada será presentada e moderada por Diego Castro, vogal de deporte de ANEDIA e membro do DT1 Team.  
 
Coa colaboración da Área de Atención Integrada de Pontevedra e o Salnés
 
Inscripcións en: Eventbrite 
 
PROGRAMA(provisional)
  • 10:00 Inauguración
  • 10:15 Introducción á monitorización de glicemia. Ana María Prado.
  • 10:30 Mesa Redonda: Medición Continua na consulta de pediatría diabetolóxica: evidencias clinicas, indicacións e importancia. Paloma Cabanas, Ana María Prado
  • 11:30 Óscar López de Briñas " Diabetes e Tecnoloxía: unidos para sempre"
  • 12:00 Descanso. Espazo de exposición dos diferentes sistemas.
  • 12:15 Mesa redonda: Encontro coa educadora. Ana Sánchez García.
  • 13:15 Petición de inclusión dos sistemas de monitorización no catálogo de servicios do SERGAS
  • 16:00 MEDTRONIC: A importancia do tempo en rango para o mellor control da glicemia. Guardian Connect.
  • 16:20 ABBOTT. Freestyle Libre: A conectividade total en diabetes.
  • 16:40 DEXCOM: Toma de decisións clínicas na monitorización continua de glicemia.
  • 17:00 ROCHE: Primeiro CGM implantable, unha nova opción para os doentes.
  • 17:20 Descanso. Espazo de exposición dos diferentes sistemas.
  • 17:40 NIGHTSCOUT: Non estamos agardando. Experiencias DIY
  • 18:00 INSULCLOCK: A innovacion tecnolóxica en diabetes desde o doente empoderado"
  • 18: 30 Clausura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario