Contaxe de racións

Para manter a glicemia controlada, é importante que as persoas con diabete aprendan a contar os hidratos de carbono, e no noso caso é moi importante ensinarlles aos nenos/as dende ben pequeniños a ir contando os hidratos de carbono que consomen con máis asiduidade.
Na seguinte ligazón presentámosvos unha táboa con información detallada sobre a cantidade de hidratos que achega unha porción de consumo habitual de diferentes tipos de alimentos e a súa equivalencia en racións, así como a información sobre o seu índice e carga glicémica.
O concepto de ración de hidratos de carbono adoitamos empregalo para facilitar o reconto dos hidratos. Así, una ración de hidratos de carbono refírese á cantidade de alimento que achega 10 gramos de hidratos de carbono.
Táboa Diabalance
 Preme na imaxe para acceder

Ningún comentario:

Publicar un comentario