Ensino

“Faise imprescindible aproximar a educación diabetolóxica ata os centros, para que os membros da comunidade educativa perdan o medo que pode imprimir unha actuación inmediata, e -por suposto- flexibilicen a norma xeralista, en beneficio dun colectivo cada vez máis numeroso que precisa un esforzo plural para conseguir proporcionarlle ós usuarios a mellor calidade de vida, no presente e no futuro.”
Ana Skette

ANEDIA busca formas de que Iso suceda, contactamos :
  • Centros de formación do profesorado.
  • Centros de saúde e casas do mar.
  • 061
  • Centros educativos.
O pasado mércores 29 de abril veñen de rematar as Xornadas de atención ao alumnado con diabete no entorno escolar. Unhas xornada concebidas co fin de asesorar o profesorado na atención aos alumnos/as con diabete e que conseguen que a día de hoxe contemos na nosa comunidade autónoma con case un centenar de profesores/as formados específicamente para atender as peculiaridades dos nosos nenos e nenas.
Xa sabemos que non é suficiente, pero sabemos tamén que imos no bo camino xa ...que hai un ano non existía este tipo de formación en Galicia e a día de hoxe levamos xa tres cursos de formación que contan entre os seus ponentes con: D. Jesús Barreiro, Dna. Paloma Cabanas, Dna. Mª Begoña Vázquez do Servizo de Endocrinoloxía Pediátrica do CHUS. Dna. María Gallego do Servizo de Psicoloxía do Hospital Nuestra Señora de la Esperanza e D. Carlos Leirós do proxecto Mueve Tu Vida.
Dende ANEDIA queremos dar as grazas máis sinceras a todas aquelas persoas que fan que isto sexa posible: aos ponentes, ao profesorado que se está formando, aos centros de formación de profesorado, etc.


Ningún comentario:

Publicar un comentario