Quen somos


Logo de ANEDIA

Somos un grupo de familias que vivimos coa diabete, aprendemos a pór insulina, a calcular racións, a coñecer a diabete, a convivir con ela. Cando saímos do hospital, despois do debut, non nos sentimos preparados, temos moitas preguntas, novos trebellos, novas palabras. Os nosos fillos ou fillas teñen que cambiar a súa forma de comer, teñen que levar encima o glucómetro, azucre, etc. e aturan uns pais que agora teñen medo do que lles poida pasar, que non os deixan ir comer á casa de ninguén e nin pensar en durmir fóra.
Despois do hospital, volver á rutina diaria, que é iso?, non sabemos que lle imos dar de comer, que debemos facer no colexio…
A finais do 2012 varias nais e pais de Pontevedra e Marín, tomaron a determinación de fundar unha asociación que tivese en conta as necesidades dos raparigos con diabete. A comezos do 2013 fíxose realidade, creouse a Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia. Pensamos que para conseguir os obxectivos que nos marcamos era fundamental que a devandita asociación fose a nivel galego, pois non se trata dunha problemática dun lugar determinado senón que era xeralizado ao longo de todo o territorio de Galicia.

ANEDIA ten a súa sede en Pontevedra e os obxectivos que temos son:
  • Reivindicar a asistencia médica, especializada e multidisciplinar para todos os nenos e nenas con diabate.
  • Instar á Administración Sanitaria e á Administración Educativa para que proporcione tódolos medios necesarios para o autocoidado da diabetes.
  • Proporcionar información e unha axeitada Educación Diabetolóxica, teórica e práctica, a socios, familiares, escolas e poboación en xeral. Fomentar unha Educación Diabetolóxica de calidade para todos.
  • Defender os dereitos dos nen@s con diabete co fin de conseguir a súa plena integración escolar e social.
  • Estimular o estudo da diabete en menores no terreo da investigación experimental e clínica. Colaborar na realización de estudos de carácter educativo, social, xurídico, psicolóxico, epidemiolóxico, ou outros, que faciliten a solución dos problemas do nen@ diabético.
  • Potenciar a relación entre nenos-familiares con diabate e prestar apoio ós familiares.
  • Establecer relacións con outras asociacións de diabete e con outros colectivos relacionados directa ou indirectamente coa diabetes.
  • Realizar tódalas accións precisas para o logro dos fins mencionados e que servan para mellorar a calidade de vida do nen@ con diabete.
ANEDIA aposta pola sanidade pública, pois é a única forma para poder afrontar mellor este enfermedade. Por iso formamos parte da Plataforma Cívica SOS Sanidade Pública.


Ningún comentario:

Publicar un comentario